DEITADO FRONTE AO MAR

Lingua proletaria do meu pobo,
eu faloa porque si, porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gana,
porque me sae de dentro...

martes, 7 de febrero de 2012

CELSO EMILIO FERREIRO

Moitas veces, atopámonos con xente que cre que a nosa lingua ten pouca importancia e moi pouco prestixio. A maioría de galegos, sabemos que iso non é verdade. Pero, por se alguén aínda dubida, que lea este poema e que recapacite.

DEITADO FRONTE Ó MAR

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

No hay comentarios:

Publicar un comentario